martes, 26 de febrero de 2013
R.JUERGA vs LA FAVORITA/C.SONEIRA
Este Luns 25 de Febreiro no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, disputouse o partido da decimoquinta xornada do Campeonato de Futbol-Sa de Caldas de Reis, entre os equipos Recreativo de Juerga e La Favorita - C. Soneira. O resultado final foi de 5-1. Intentaremos mellorar e esperamos que a sorte nos acompañe.
lunes, 25 de febrero de 2013
BALANCE E CLASIFICACIÓN TERRAS DE IRIA
Acabamos a liga regular na cuarta posición con 13 puntos, 4 partidos gañados, 1 empatado e 3 perdidos, 26 goles a favor e 30 en contra. Pasamos a xogar os play-off, no que nos enfrontaremos co equipo O ROSSOL o venres 8 de marzo ás 21:40 en Rois e o Xoves 14 de marzo ás 21:40 na Escravitude. Esperamos facer bo xogo, pasalo ben e que a sorte nos acompañe.
sábado, 23 de febrero de 2013
CFS VALGA - PLAYAS PONTEVEDRA F.S.
Este Venres 22 de Febreiro disputouse no Pavillón Municipal de Baño o partido correspondente a Xornada 13, entre os equipos CFS Valga e Playas de Pontevedra F.S. O partido escomenzou realmente mal para os locais, xa que debido a un par de fallos encaixaron un 0-4, cando ainda non trascorreran 10 min da primeira parte. Solicitamos entón un tempo morto e a partir dahí sacando casta fíxose un partido moi disputado. Gran actuación de todos e cada un dos compañeiros, os que xogaron moitos minutos, os que xogaron poucos e os que non xogaron, xa que impulsados polos animos de todos e máis do público asistente, conseguimos darlle a volta ó marcador cun resultado final de 5-4.
miércoles, 20 de febrero de 2013
LA FAVORITA/C.SONEIRA vs R.CARBAJAL
Este Martes 19 de Febreiro no Pavillón Municipal de Rois, disputouse a novena e última xornada regular do Campeonato de Futbol-Sa Terras de Iria, entre os equipos La Favorita/C. Soneira e Recambios Carbajal . O partido logo se nos puxo de cara cun arranque bastante bo cun 4-0 no inicio, pero a relaxación dos nosos xogadores propiciou que o contrario acurtase ata poñerse 4-3. Logo do tempo morto solicitado, o equipo volveu ser o que era e acadou un resultado final de 8-3.
martes, 19 de febrero de 2013
CAF.TERMAS vs LA FAVORITA/C.SONEIRA
Este Luns 18 de Febreiro no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, disputouse o partido da decimocuarta xornada do Campeonato de Futbol-Sa de Caldas de Reis, entre os equipos Cafetería Termas e La Favorita - C. Soneira. O partido foi moi igualado, decidindose nun par de accións favorables aos locais. O resultado final foi de 3-0. Intentaremos mellorar e veremos se a sorte nos acompaña.
viernes, 15 de febrero de 2013
CFS VALGA - SAN ROQUE F.S.
Este Xoves 14 de Febreiro disputouse no Pavillón Municipal de Baño o partido aprazado correspondente a Xornada 8, entre os equipos CFS Valga e SAN ROQUE FS. O partido foi bastante disputado por ambolos dous equipos, con xogadas ben trenzadas e goles bonitos. O resultado final foi de 6-4. Esperamos facer bo xogo, ter sorte e que os resultados nos acompañen en vindeiros encontros.
jueves, 14 de febrero de 2013
BALANCE E CLASIFICACIÓN CALDAS DE REIS
Acabamos a primeira volta na cuarta posición con 21 puntos, 7 partidos gañados e 4 perdidos, 39 goles a favor e 35 en contra. Consideramos que ainda hai marxe de mellora e esperamos facer bo xogo, ter sorte e que os resultados nos acompañen.
miércoles, 13 de febrero de 2013
NEUMATICOS PIÑEIRO vs LA FAVORITA/C.SONEIRA
Este Martes 12 de Febreiro no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, disputouse o partido aprazado do Campeonato de Futbol-Sa Terras de Caldas de Reis, entre os equipos Neumáticos Piñeiro e La Favorita - C. Soneira. O partido foi moi disputado, nunha pista bastante resbaladiza con consecuencias bastante malas para un xogador do Neumáticos Piñeiro, o cal nunha disputa dun balón bateu coa parede abrindo unha brecha nunha cella, tendo que levar puntos. Neses momentos perdiamos 1-0 e nesa xogada o árbitro decidiu pitar penalti. O parón do xogo non nos beneficiou e chegamos a ir perdendo 4-0. Sen embargo sacando forzas de onde non as había conseguimos pornos 4-3, pero finalmente o resultado foi de 7-4 para o Neumáticos Piñeiro.
P.D.: DENDE O C.F.S. VALGA DESEXÁMOSLLE UNHA PRONTA RECUPERACIÓN AO COMPAÑEIRO LESIONADO DO NEUMÁTICOS PIÑEIRO.
P.D.: DENDE O C.F.S. VALGA DESEXÁMOSLLE UNHA PRONTA RECUPERACIÓN AO COMPAÑEIRO LESIONADO DO NEUMÁTICOS PIÑEIRO.
martes, 12 de febrero de 2013
MAYACOS vs LA FAVORITA/C.SONEIRA
Este Luns 11 de Febreiro no Pavillón Municipal de Dodro, disputouse a oitava xornada do Campeonato de Futbol-Sa Terras de Iria, entre os equipos Mayacos e La Favorita - C. Soneira. O noso equipo, lastrado polas lesións e coa xente xusta, dou a cara en todo momento. Sen embargo co transcurso dos minutos o cansancio fixo aparición e acabamos sucumbindo cun contundente 7-0. Esperamos a pronta recuperación dos nosos compañeiros para polo menos dar un pouco máis de guerra.
domingo, 10 de febrero de 2013
BALANCE E CLASIFICACIÓN RIANXO
Rematada a Primeira Volta en Rianxo, os nosos compañeiros atópanse na quinta posición con 23 puntos, cun balance de 7 victorias, 2 empates e 4 derrotas, 38 goles a favor e 27 en contra. Esperemos que, o bo xogo, a sorte e os resultados acompañen.
sábado, 9 de febrero de 2013
CASTELAO vs I.BALEIRON/P.FCO.POTEL
Este sábado 9 de Febreiro disputouse a Xornada 14 da Liga Rianxeira de Fúbol Sala Segunda División, entre os equipos Castelao eInst. Baleirón/P. Fco. Potel. Boa actuación dos nosos compañeiros que solventaron o choque cun resultado final de 0-6. Esperemos que continuen xogando be, sigan tendo sorte e lles acompañen os resultados.
viernes, 8 de febrero de 2013
LA FAVORITA/C.SONEIRA vs ANTREASMATAS
Este Xoves 7 de Febreiro no Pavillón Municipal de A Escravitude, disputouse a sétima xornada do Campeonato de Futbol-Sa Terras de Iria, entre os equipos La Favorita - C. Soneira e Antrasmatas. O partido foi moi disputado e con boas xogadas dos dous equipos. Adiantouse o Antrasmatas no minuto 1 e despois defendeuse bastante ben, xa que non encaixaron ningún gol. Faltando 3 minutos para o final aumentaron a súa vantaxe. O resultado foi de 0-2. Esperamos que a sorte que hoxe nos faltou, nos acompañe noutra ocasión. Esperamos que os nosos compañeiros lesionados se recuperen o máis axiña posible.
miércoles, 6 de febrero de 2013
CARRACEDO F.S. vs LA FAVORITA-C.SONEIRA
Este Martes 5 de Febreiro no Pavillón Municipal de Caldas de Reis, disputouse a decimoterceira xornada do Campeonato de Futbol-Sa de Caldas, entre os equipos Carracedo F.S. e La Favorita - C. Soneira. O partido foi moi disputado e con boas xogadas dos dous equipos. O resultado foi de 3-4. Esperamos que a sorte nos acompañe e seguir mellorando.
martes, 5 de febrero de 2013
ENM MARIN - CFS VALGA
Este Luns 4 de Febreiro no Pavillón da Escola Naval Militar de Marín, disputouse a duodécima xornada de liga, entre os equipos ENM Marín e CFS Valga. Ó equipo costoulle adaptarse á pista e encaixamos tres goles moi pronto. Sen embargo, logo de tomarlles as medidas á cancha, recortamos diferencias poñéndonos 3-2. Despois veu un gol que non tiña que valer, xa que foi claramente coas mans, pero ao que o arbitro dou validez, xa que dixo que non apreciara a infracción. Volvemos recortar poñendonos de novo 4-3 e cando estaba máis preto o empate caeunos 1 gol no último suspiro. O resultado ainda que desfavorable de 5-3, deixou boas sensacións no equipo. Esperamos ter un pouco máis de sorte noutra ocasión e seguir mellorando.
lunes, 4 de febrero de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)