sábado, 25 de octubre de 2014

FESTA DO FÚTBOL SALA EN VALGA

Hoxe sábado 25/10/2014 viviuse unha auténtica festa do Fútbol Sala no Pavillón Municipal de Valga, durante a presentación do Equipo Cadete. A directiva do C.F.S. Valga quere agradecer a colaboración desinteresada do Santiago Futsal, e en especial dos adestradores Mareque, Mon Barreiro e Alberto. Asi como a colaboración na xestión de Alberto Piñeiro e a Chechu o adestrador da S.D. Milladoiro. Agradecemos a todo o público asistente e por suposto a participación de tódolos nenos e colaboradores varios que fixeron posible este evento.

Sempre FutSal!!!

C.F.S. VALGA vs S.BALSEIROS/CAMPAÑÓ

Este Venres 24 de Outubro disputouse a Primeira Xornada de Liga Senior no Pavillón Municipal de Baño-Valga. O CFS Valga enfrontouse ao Balseiros/Campañó. Partido moi disputado no que o noso equipo solventou o choque cun resultado final de 4-2. Esperemos que se continue xogando ben e a sorte e os resultados nos acompañen. Pronta recuperación aos lesionados.